Sociedade Civil
Asociación de dous ou máis persoas para desenvolver unha actividade empresarial común. Cada un deles pode achegar traballo (socios industriais) e/ou bens ou diñeiro (socios capitalistas). Os socios teñen responsabilidade ilimitada e mancomunada.
Ten personalidade xurídica propia, independente dos socios.