Determinación de Continxencia
É un procedemento que se inicia tras a emisión dun parte médico de baixa de continxencia común ou profesional causante dos procesos de incapacidade temporal. A través da determinación da continxencia, instarase ante o Instituto Nacional da Seguridade Social, de forma motivada, a REVISIÓN da consideración inicial da natureza da continxencia.
A solicitude de cambio de continxencia poderá realizarse entre continxencias do mesmo tipo; por exemplo, de accidente de traballo a enfermidade profesional (ambas as dúas, continxencias profesionais). Tamén pode darse entre continxencias de distinto tipo; por exemplo, de accidente non laboral (continxencia común) a accidente de traballo (continxencia profesional).
Poden instar este procedemento o Servizo Público de Saúde, o Instituto Social da Mariña, as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social e o traballador afectado ou o seu representante legal.