Delt@

Acrónimo de Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados.
Sistema telemático para comunicar á autoridade laboral, por parte da empresa, os accidentes de traballo con baixa médica e a relación mensual de accidentes de traballo sen baixa sufridos polos seus traballadores por conta allea.
 Por este sistema tamén se realizan as comunicacións urxentes en caso de accidentes graves ou con resultado de falecemento dos traballadores.