Convenio especial coa Seguridade Social
Acordo subscrito voluntariamente por un traballador coa Seguridade Social para poder xerar, manter ou ampliar o dereito ás prestacións do sistema (pode dar dereito a unha pensión de xubilación ou de viuvez e ás prestacións que poden derivarse dunha enfermidade común ou accidente non-laboral), coa obriga de pagar as cotas á Seguridade Social, elixindo unha base de cotización comprendida entre a máxima e a mínima vixentes, cos requisitos que impón a súa regulación.
Habitualmente subscríbenos traballadores que causan baixa na Seguridade Social, aqueles que son contratados con remuneracións inferiores ás cobradas no último ano e outros que deixaron de percibir o subsidio de desemprego, así como os pensionistas que fosen declarados inválidos parciais e aos que se lles denegase a pensión.
É requisito imprescindible ter cuberto un período mínimo de cotización de 1.080 días nos doce anos anteriores á súa baixa na Seguridade Social.
Tramítase na TXSS.