CCC
Código de Conta de Cotización - CCC
O código de conta de cotización das empresas é un código numérico que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social asigna aos empresarios e demais suxeitos responsables do pagamento de cotas ao Sistema da Seguridade Social. Correspóndese cos antigos números patronais e de inscrición.
Este código de 11 díxitos caracterízase por ter a seguinte estrutura:
- Os 2 primeiros díxitos corresponden ao código da provincia. En caso de ser menor que 10 incluirase un cero á esquerda, por exemplo, se o código pertence a unha empresa situada en ÁLAVA, cuxo código de provincia é 1, os primeiros dous díxitos do código de conta de cotización serán 01.
- Os 9 seguintes díxitos corresponden ao número de cotización con 7 díxitos, aos que se lle engaden 2 díxitos de control, que permiten comprobar que o número introducido é correcto.
CCC de exemplo:
(provincia) |
(num. cotización) |
(control) |
|
01 |
1234567 |
42 |
O código de cotización (cando se lle solicite) sempre será introducido sen espazos, barras, puntos, comas ou calquera outro carácter. Ex.: 01123456742.