Auxilio por defunción
É unha das prestacións por morte e supervivencia, consistente nunha cantidade a tanto alzado de 46,5 euros, para facer fronte aos gastos de enterro a quen os soportase. Presúmese, agás proba en contrario, que estes gastos foron satisfeitos por esta orde: polo cónxuxe supervivente, fillos e parentes do falecido que convivisen con el habitualmente.