CARTEL N.º 12. CALENDARIO LA PRESERVATRICE 1935

Año

 

Estamos ante unha imaxe que corresponde a un calendario do ano 1935 e é talvez dos máis sinxelos, orixinais e imaxinativos da exposición, xa que a mensaxe utilizaba outros soportes, ademais do cartel. Con frases enxeñosamente paradoxais de fondo, a imaxe móstranos un boneco que se inclina e intenta protexerse ante as letras da palabra ACCIDENTES, que lle veñen enriba. Con unicamente dúas cores, e con letras e debuxos en relevo, amósanos unha magnífica e sinxela obra. O seu grafismo hoxe podería considerarse bastante moderno.

CastellanoEuskaraGalego

Selecciona un idioma para escuchar el audio