Que facer en caso de accidente de traballo?
EN CASOS DE URXENCIA VITAL, ACCIDENTE GRAVE E EPISODIOS VASCULARES OU CEREBRAIS
Contacte inmediatamente co Servizo Público de atención sanitaria de urxencias da súa zona e siga as súas indicacións.
Servizo 112 ou similar
Farémonos cargo de todos os gastos derivados da evacuación e atención de emerxencia.
No resto do casos
- Notificar o accidente á empresa e solicitar o Volante de Solicitude de Asistencia (VSA) cuberto e asinado/selado. Deben constar os datos da empresa, os do accidentado e cando e como aconteceu o accidente.
- Acudir ao centro asistencial de Fraternidad-Muprespa ou centro concertado máis próximo onde se encontre, achegando o VSA na medida do posible.
- Se necesita transporte sanitario para a súa evacuación, descoñece a situación do centro máis próximo ou se se encontra fóra do horario de apertura, contacte connosco no seguinte número de urxencias e darémoslle as indicacións oportunas.
+34 900 269 269
Evacuación de accidentados no estranxeiro
- Contáctenos no seguinte teléfono: