Aviso Legal
INFORMACIÓN XERAL DO SITIO WEB
En cumprimento do establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizo da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase dos datos de información xeral deste sitio web:
Responsable: Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social n.º 275
NIF G82287228
Enderezo: Praza Cánovas del Castillo, 3, 28014, Madrid
Correo electrónico de contacto: dpd@fraternidad.com
Datos rexistrais: Fraternidad-Muprespa Mutua colaboradora coa Seguridade Social debidamente rexistrada co n.º 275 e autorizada polo Ministerio de Emprego, Migracións e Seguridade Social.
CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB
- Usuarios do sitio web
O acceso ao Sitio Web atribúe a quen o realiza a condición de usuario, aceptando dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva ningunha, as presentes condicións xerais. A utilización de determinados servizos ofrecidos neste Sitio Web rexerase, ademais, polas condicións particulares previstas en cada caso, que se entenderán aceptadas polo mero uso dos devanditos servizos.
- Autorización
Autorízase aos usuarios a visualización, impresión e descarga parcial do contido do Sitio Web só e exclusivamente se concorren as seguintes condicións:
- Que sexa compatible cos fins do Sitio Web.
- Que se realice co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación.
- Que ningún dos contidos relacionados no Sitio Web sexan modificados.
- Que ningún gráfico, icona ou imaxe dispoñible no Sitio Web sexa utilizado, copiado ou distribuído separadamente do resto de imaxes que o acompañan.
- Responsabilidade
Tanto o acceso ao Sitio Web como o uso non consentido que poida efectuarse da información incluída neste é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. Fraternidad-Muprespa non será responsable en ningún caso do uso que os usuarios puidesen facer do Sitio Web ou os seus contidos, nin dos danos e prexuízos que puidesen derivarse del.
- Funcionamento e dispoñibilidade do sitio web
Fraternidad-Muprespa resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no Sitio Web, da configuración e presentación deste e das condicións de acceso. Fraternidad-Muprespa non se fai responsable dos erros de seguridade que se poidan producir, nin dos danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario (soporte lóxico e físico), ou aos ficheiros ou documentos almacenados neste, como consecuencia de:
- A presenza dun virus no ordenador do usuario que sexa utilizado para a conexión aos servizos e contidos do Sitio Web;
- Un mal funcionamento do navegador;
- O uso de versións non actualizadas.
Fraternidad-Muprespa non garante a ausencia de virus nin doutros elementos no Sitio Web introducidos por terceiros alleos a Fraternidad-Muprespa que poidan producir alteracións nos sistemas físicos ou lóxicos dos usuarios ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados nos seus sistemas. En consecuencia, Fraternidad-Muprespa non será responsable de calquera dano e prexuízo de toda índole que puidesen derivarse da presenza dos devanditos virus ou elementos. Fraternidad-Muprespa utiliza diversas medidas de protección do seu Sitio Web contra ataques informáticos de terceiros. Non obstante, Fraternidad-Muprespa non garante que terceiros non autorizados poidan ter acceso ao tipo de uso do Sitio Web que fai o usuario ou ás condicións, características e circunstancias nas cales se realiza o devandito uso. En consecuencia, Fraternidad-Muprespa non será, en ningún caso, responsable dos danos e prexuízos que puidesen derivarse do devandito acceso non autorizado. Fraternidad-Muprespa non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ao Sitio Web ou ao seu contido, nin que este se encontre actualizado. Fraternidad-Muprespa levará a cabo —sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución e tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización nos contidos— todos aqueles labores tendentes a emendar os erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos. Fraternidad-Muprespa resérvase o dereito de interromper o acceso ao seu Sitio Web ou a calquera dos seus contidos en calquera momento e sen aviso previo.
- Contidos e a calidade do servizo
Fraternidad-Muprespa non asume ningunha responsabilidade derivada dos contidos enlazados no Sitio Web, sempre que sexan alleos a esta. No caso de que calquera usuario, cliente ou un terceiro, considerase que o contido ou os servizos prestados polas páxinas enlazadas son ilícitos ou lesionan bens ou dereitos do propio usuario, dun cliente ou dun terceiro susceptibles de indemnización e, en particular, consistan en:
- Actividades ou contidos susceptibles de ser considerados delituosos conforme á normativa penal española.
- Actividades ou contidos que violen dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
- Actividades ou contidos que poñan en perigo a orde pública, a investigación penal, a seguridade pública e a defensa nacional.
- Actividades ou contidos que poñan en perigo a protección da saúde pública, o respecto á dignidade da persoa e ao principio de non-discriminación, e a protección da saúde e a infancia.
Poderá poñelo en coñecemento de Fraternidad-Muprespa, non obstante, a recepción da devandita comunicación non supoñerá recoñecemento para os efectos da responsabilidade prevista no artigo 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizo da sociedade da información e de comercio electrónico. Fraternidad-Muprespa non se fai responsable da falta de utilidade ou adecuación para un uso específico do presente Sitio Web. Tampouco se responsabiliza dos danos e/ou prexuízos que poida sufrir o usuario pola falta de veracidade, exhaustividade ou pertinencia, así como dos erros ou omisións que puidesen presentar os contidos deste Sitio Web, se ben se compromete a verificar e vixiar periodicamente os contidos e informacións deste. Toda ligazón de terceiros á páxina web debe selo á súa páxina principal, quedando expresamente prohibido os “links profundos”, o “framing” e calquera outro aproveitamento dos contidos do Sitio Web a favor de terceiros non autorizados. A través do presente Sitio Web o usuario poderá acceder a Sitios Web de terceiros. A presenza de tales ligazóns é meramente informativa, e non constitúe en ningún caso un convite á contratación de produtos ou servizos que se ofrezan no Sitio Web de destino. O usuario accederá baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nestes. Fraternidad-Muprespa non se fai responsable, directa ou indirectamente, de calquera dano e prexuízo causados polo acceso a tales ligazóns. En caso de que Fraternidad-Muprespa teña coñecemento efectivo de que a información ou a actividade á que se remite dende as devanditas ligazóns é ilícita ou constitutiva de delito, ou pode lesionar bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización, actuará coa dilixencia necesaria para suprimir ou inutilizar a ligazón correspondente coa maior brevidade posible.
- Propiedade intelectual e industrial
Fraternidad-Muprespa é titular dos textos, imaxes, logos, signos distintivos, sons, animacións, vídeos, código fonte, deseño, estrutura de navegación, bases de datos e os distintos elementos de soporte lóxico deste Sitio Web, así como dos dereitos de propiedade industrial e intelectual referidos aos contidos que nel se inclúan. O acceso a este Sitio Web non outorga ao usuario ningún dereito nin titularidade sobre os dereitos da propiedade intelectual e industrial dos elementos corporativos. Para os efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual ou industrial, no caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido no Sitio Web, deberá notificar a devandita circunstancia a Fraternidad-Muprespa no enderezo dpd@fraternidad.com, indicando:
- Datos persoais do interesado titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación a presenta un terceiro distinto do interesado, deberá indicar a representación coa que actúa.
- Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual ou industrial e a súa situación no Sitio Web.
- Acreditación dos citados dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
- Declaración expresa na que o interesado se responsabiliza da veracidade das informacións facilitadas na notificación.
A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é da exclusiva responsabilidade destes.
- Política de privacidade e protección de datos de carácter persoal
Fraternidad-Muprespa podería solicitar, mediante formularios do Sitio Web, datos de carácter persoal e información do usuario para o seu almacenamento ou utilización. En cada un dos formularios nos que se soliciten datos de carácter persoal, o usuario recibirá información detallada sobre o tratamento, a súa finalidade do uso dos seus datos, o carácter obrigatorio ou facultativo das súas respostas, as consecuencias da súa negativa a proporcionalos e, en xeral, de todas as mencións requiridas pola lexislación aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal. Fraternidad-Muprespa comprométese a tratar os datos de carácter persoal do usuario de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de protección de datos. O usuario comprométese a manter os datos que, se é o caso, proporcione debidamente actualizados, sendo responsable dos danos e prexuízos ocasionados a consecuencia da falta de veracidade, exactitude ou vixencia dos datos facilitados. Para máis información sobre a política de protección de datos da mutua, prema aquí.
- Uso de cookies
As cookies son ficheiros de texto enviados ao navegador por medio dun servidor web. O navegador devólveos sen modificar o servidor, reflectindo así unha memoria de eventos anteriores nas transaccións http coa finalidade de rexistrar as actividades do usuario durante o seu tempo de navegación. Estes arquivos conteñen unha serie de información (dende contrasinais de acceso ata configuracións de visualización ou idioma preferido) sobre a configuración do Sitio Web co fin de facilitar a súa próxima visita, facéndoa mais eficiente. As cookies desempeñan un papel moi importante e contribúen a ter unha mellor experiencia de navegación para o usuario. Os usos das cookies son xeralmente os seguintes:
- Levar o control de usuarios: Cando, nunha páxina web, aceptamos a opción de gardar usuario e/ou contrasinal, eses datos almacénanse nunha cookie, para que non teña que estar a introducilos para cada páxina do servidor, xa que o protocolo HTTP non ten a capacidade de almacenar estes datos. Sempre debemos ter en conta que o que se identifica nestes casos é unha conexión entre o ordenador e a páxina web, non entre unha persoa determinada e a páxina web.
- Personalizar o aspecto do sitio Web segundo as preferencias do usuario. A personalización inclúe tanto presentación coma funcionalidade.
- Acceder aos usuarios que se rexistraran previamente ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que identificarse en cada visita.
Para máis información, prema aquí.
- Redes sociais
Fraternidad-Muprespa pode ter presenza en redes sociais co obxecto de comunicar información relacionada coa actividade da mutua. O tratamento dos datos que se leve a cabo das persoas que se fagan seguidoras nas redes sociais (e/ou realicen calquera vínculo ou acción de conexión a través das redes sociais) das páxinas oficiais de Fraternidad-Muprespa rexerase por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e aceptadas previamente polo usuario; Fraternidad-Muprespa tratará os seus datos coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informándoo das súas actividades, produtos ou servizos ou calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan, e resérvase a potestade de retirar, sen aviso previo, da rede social corporativa aqueles contidos inapropiados, ofensivos, discriminatorios, violentos ou doutra índole. Do mesmo xeito, aqueles contidos que non se axusten á temática concreta poderán ser moderados, bloqueados ou borrados. En calquera caso, Fraternidad-Muprespa non se responsabilizará dos comentarios ou valoracións realizados polos usuarios.
- Contacto
En caso de calquera incidencia, dúbida ou consulta relacionada con este Sitio Web ou os servizos prestados por Fraternidad-Muprespa, pode poñerse en contacto a través de correo electrónico escribindo a: dpd@fraternidad.com.
- Lexislación aplicable e xurisdición
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española. Os usuarios sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Madrid para cantas accións poidan exercitarse derivadas da prestación do servizo do Sitio Web e dos seus servizos e contidos, e sobre a interpretación, aplicación e cumprimento ou incumprimento do aquí establecido, agás que o usuario sexa consumidor, en cuxo caso, o tribunal e lexislación aplicables serán os do seu domicilio.