Guía do Paciente
En Fraternidad-Muprespa desexamos que o proceso asistencial de cada un dos nosos pacientes se resolva de xeito áxil e satisfactorio. Para iso, poñemos á súa disposición todos os medios técnicos e humanos ao noso alcance que faciliten o seu diagnóstico e mellor tratamento.
Co obxectivo de ofrecer ao paciente toda a información necesaria e anticipar a resposta a aquelas dúbidas que poida ter, en relación ao noso xeito de funcionar e os servizos que ten á súa disposición, creamos a Guía do paciente.
A Guía do paciente de Fraternidad-Muprespa recolle a seguinte información:
- Os dereitos e obrigas aos que, como paciente, se pode acoller e debe cumprir sobre a base da Lei 14/1986 xeral de sanidade e a Lei 41/2002, de 14 novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.
- Información sobre os trámites que lle afectan cando sofre un accidente de traballo.
- Servizos sanitarios:
- Prestacións sanitarias e rehabilitadoras.
- Recoñecementos e probas regulamentarias.
- Recoñecementos e probas regulamentarias.
- Centros de atención e hospitalarios aos que pode dirixirse.
- Servizos administrativos:
- Centro telefónico de atención permanente.
- Acceso á información clínica.
- Historia clínica electrónica e Portal do paciente.
- Reclamacións, suxestións e valoracións:
- Defensor do mutualista.
- Valoración do servizo recibido.
- Glosario de termos usados entre a Mutua e o paciente.