Sociedade cooperativa

Sociedade constituída por persoas que se asocian, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, para a realización de actividades empresariais, encamiñadas a satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas e sociais, con estrutura e funcionamento democrático, conforme cos principios formulados pola alianza cooperativa internacional.
Constitúense mediante escritura pública e, unha vez inscritas no Rexistro de Sociedades Cooperativas, adquirirán personalidade xurídica propia.
Estas sociedades están reguladas pola Lei 27/1999 de cooperativas.