Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

Prestación económica destinada aos proxenitores, adoptantes ou acolledores —autónomos ou asalariados— que reducen a súa xornada de traballo, como mínimo un 50%, para o coidado do menor ao seu cargo afectado por cancro ou outra grave enfermidade.

O subsidio CUME ten por obxecto compensar a perda de ingresos que sofren os interesados ao ter que reducir a súa xornada laboral, coa conseguinte diminución do seu salario, pola necesidade de coidar de xeito directo, continuo e permanente os fillos ou menores ao seu cargo, durante o tempo da súa hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

É requisito indispensable que ambos os dous proxenitores se encontren afiliados e en activo nalgún réxime da Seguridade Social, aínda que só un deles pode solicitar esta prestación.

Máis información... CUME