Asistencia sanitaria

Dereito dos traballadores e pensionistas e dos seus familiares a cargo, incluídos, cando corresponda, os acollidos de feito, a recibir tratamento médico e farmacéutico, coas condicións, contido, modalidades e duración que establecen as normas. É dispensada polos correspondentes Servizos Públicos de Saúde das Comunidades Autónomas e polo Instituto Nacional de Xestión Sanitaria en Ceuta e Melilla.
Tamén teñen dereito á asistencia sanitaria as persoas sen recursos suficientes e os estranxeiros, neste último caso coas condicións establecidas na Lei reguladora dos dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.