Participa na enquisa do Día Mundial do Medio Ambiente 2020!

Almorzos
Autor
Departamento de calidad y medioambiente

O obxectivo do Día Mundial do Medio Ambiente é o de motivar as persoas para que sexan axentes activos no desenvolvemento sostible e, ao mesmo tempo, que teñan actitudes positivas cara a temas ambientais.

O tema deste ano 2020 é a biodiversidade, unha gran preocupación mundial en materia medioambiental debido aos sucesos catastróficos acontecidos recentemente, incendios forestais a grande escala, a pandemia de COVID-19 etc. que demostran que a natureza nos está a lanzar mensaxes de alerta.

A biodiversidade é a base da vida na Terra e, sen ela, a saúde das persoas está en risco (auga, aire puro e alimentos nutritivos).

Coas nosas actividades e costumes estamos a alterar o planeta dende hai décadas, polo que causamos perda na biodiversidade. Polo tanto, debemos modificar a nosa vida cotiá para preservala.

 

Participa! Só DÚAS preguntas

 

 

¿Te ha resultado útil?