Fraternidad-Muprespa presenta o seu Plan de Evolución Dixital

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Dende hai máis de vinte anos Fraternidad-Muprespa vén implantando melloras destinadas a que a dixitalización se converta nun avance prioritario e estrutural dentro da entidade. Agora presenta o seu Plan de Evolución Dixital, dentro do actual Plan Estratéxico. A evolución tecnolóxica é fundamental para ofrecer o mellor servizo, brindar unha asistencia sanitaria excelente e xestionar con total eficacia, poñendo así a experiencia dixital ao servizo das persoas.

O que noutras organizacións é transformación, en Fraternidad-Muprespa é evolución, porque hai máis de dúas décadas xa se iniciou unha aposta estratéxica pola tecnoloxía co seu Sistema Integrado de Xestión, ao que seguiu en 2001 o primeiro big data do sector. En 2002 a Mutua incorporou unha intranet corporativa e, en 2004, para unha mellor relación cos clientes, creou a extranet de servizos, a actual Oficina Dixital. En 2005 acometeu proxectos como o centro asistencial sen papeis ou a historia clínica electrónica. Tamén foi  pioneira dixital ao obter a certificación ISO 9001, ISO 14001 e ISO 27001 dos seus sistemas de información.

A Evolución Dixital da Mutua baséase no cambio de procedementos e políticas sustentadas no uso de novas tecnoloxías da información e as comunicacións, para facer máis eficientes os procesos internos e achegar a información ao usuario dixital.

O Plan de Evolución Dixital de Fraternidad-Muprespa implanta unha xestión corporativa intelixente, cuxa finalidade é ofrecer un nivel de dixitalización tal que a vía electrónica sexa o medio preferido para a relación dos usuarios coa Mutua, de forma sinxela e intuitiva. 

O proxecto aséntase nuns principios reitores e facilitadores do cambio, cos que mellora a relación coas súas empresas mutualistas, traballadores protexidos, pacientes e colaboradores, de modo que se optimiza a calidade do servizo.

Algúns dos máis relevantes son os seguintes:  

  • Welcome Pack dixital: paquete de documentación de benvida a empresas e asesorías con información fundamental e personalizada.
  • Dixitalización dos puntos de contacto: para trámites relacionados con baixas, entrega de volantes ou informes de prevención entre outros.
  • Hospital dixital. O Hospital F-M Habana é un dos centros sanitarios máis innovadores de Europa polo seu uso da tecnoloxía dixital. 
  • O Portal do Paciente e a aplicación Mi Frater Paciente, para o acceso privado dos pacientes á súa historia clínica electrónica.
  • VNA-PACS. Ferramenta que administra o fluxo de servizos de radioloxía e imaxes diagnósticas de xeito integrado. 
  • Contidos dixitais preventivos para traballador e empresa.
  • Desenvolvemento de informes de xestión, dispoñibles para os mutualistas a través da súa Oficina Dixital, para a xestión da sinistralidade e o absentismo.

Sobre estes avances aséntase o futuro, que seguirá achegando cambios disruptivos, encamiñados a aumentar a autonomía e que o usuario poida realizar o 90% dos trámites a través de Internet e con aplicacións móbiles, cumprindo co compromiso da Mutua de seguir incorporando ideas innovadoras, incrementando capacidades e implicando a todos os actores nunha visión global.

¿Te ha resultado útil?