Fainos chegar as túas suxestións e felicitacións a través dun código QR

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Abofé que, na nosa actual situación motivada polo COVID-19, calquera medida que minimice o risco de contaxio é benvida, como limitar ao máximo posible o emprego de documentos en papel e a súa circulación.

Por este motivo e seguindo o noso proxecto de transformación dixital, presentamos unha nova canle adicional, para que pacientes e mutualistas poidan facernos chegar as súas suxestións e felicitacións.

En cada un dos nosos centros encontrará visible un código QR, que poderá escanear a través do seu móbil ou tableta e acceder a un formulario onde pode escribir tanto suxestións coma agradecementos, sen necesidade de usar papel.

Con esta iniciativa, seguimos avanzando na dixitalización da Mutua e a oficina sen papeis.

Por suposto, tampouco esquecemos que é unha medida de aforro de papel, coa que colaboramos na sostibilidade medioambiental.

¿Te ha resultado útil?
Vote down!

Puntos: -1

You voted ‘down’