Valores límite de exposición
Para poder determinar se certas condicións de traballo constitúen un factor de risco para os traballadores expostos, xeneralizouse o uso de valores obtidos mediante técnicas de mostraxe. Os valores de referencia establecidos definíronse a partir de:
- a) Estudos epidemiolóxicos nos que se puido correlacionar exposicións con efectos medibles sobre a saúde do traballador
- b) Estudos toxicolóxicos experimentais con animais que serven de modelo para extrapolar aos seres humanos.