Danos á saúde
Son todos aqueles problemas de saúde relacionados causalmente coas condicións de traballo, independentemente do tempo que tarden en manifestarse e estean ou non no cadro de enfermidades profesionais. Os danos ou problemas de saúde derivados do traballo inclúen os accidentes de traballo, enfermidades profesionais e as enfermidades relacionadas co traballo.