Afiliación

Acto administrativo mediante o cal a Tesouraría Xeral da Seguridade Social recoñece a condición de incluída no Sistema da Seguridade Social á persoa física que por primeira vez realiza unha actividade laboral.
A afiliación implica a asignación dun Número de Seguridade Social á persoa afiliada, sexa traballador por conta propia ou allea, así como a súa inclusión nalgún dos réximes correspondentes da Seguridade Social.
A solicitude de afiliación formúlase con carácter previo ao inicio da prestación de servizos do traballador por conta allea.