Sistema Delt@

91 418 32 40

Sistema Delt@

Desde o primeiro de xaneiro de 2004 os asociados con Fraternidad Muprespa deben remitir a esta, como Entidade Xestora Colaboradora núm. 275, tanto o parte de accidente de traballo coma a relación de accidentes sen baixa médica, a través da internet, mediante o sistema de declaración electrónica de accidentes de traballo (Delt@), creado polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

De igual modo Fraternidad Muprespa, unha vez revisados os devanditos partes, trasmitirallos á autoridade laboral a través do sistema Delt@.

Requisitos para transmitir por Internet

Ademais de ter acceso a internet, cómpre un certificado clase 2CA, emitido pola Fábrica Nacional da Moeda e Timbre (FNMT). Este certificado consiste nun ficheiro software cunhas claves personalizadas que debe instalarse no ordenador.

¿Cómo obter o certificado dixital e darse de alta en Delt@?

Para obter máis información de todo o referido poden contactar co noso Centro de Contacto no 91 418 32 40, así como a calquera dos nosos centros ou na web do Sistema Delt@ https://delta.empleo.gob.es.

Envío do PAT e RSB por Internet

Na dirección electrónica https://delta.empleo.gob.es, poderá enviar a documentación: ben mediante o enchido en liña do impreso PAT ao RSB, ou ben mediante a transmisión de ficheiros en formato remesa procedente dun software gratuíto que a Mutua pon á disposición de todos os mutualistas interesados que o soliciten (PAT2003)

¿Cómo obter máis información?

Para obter máis información de todo o referido poden contactar co noso Centro de Contacto no 91 418 32 40, así como con calquera dos nosos centros ou na web do Sistema Delt@ https://delta.empleo.gob.es.

¿Que te ha parecido el contenido?