Servizo Público de Emprego Estatal
O SEPE é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Traballo e Economía Social. Xunto cos Servizos Públicos de Emprego das comunidades autónomas forman o Sistema Nacional de Emprego.
Este sistema asume as funcións do extinto INEM dende 2003.
Dende esta estrutura estatal, promóvense, deséñanse e desenvólvense medidas e accións para o emprego, cuxa execución está descentralizada, que se axustan ás diferentes realidades territoriais.
Está composto por uns servizos centrais e 52 direccións provinciais.