Accidente de traballo in itinere
Considérase in itinere aquel tipo de accidente laboral sufrido por un traballador ao ir ou ao volver do lugar de traballo dende ou cara ao seu domicilio habitual, fóra da súa xornada laboral, sempre que non rompa o nexo causal no traxecto ou percorrido.
Non debe confundirse coa modalidade "en misión".
- Accidente de traballo in itinere: fóra da xornada laboral (desprazamento domicilio/traballo ou viceversa).
- Accidente de traballo en misión: dentro da xornada laboral (desprazamento para actividade profesional).