Clasificación Nacional de Actividades Económicas
A CNAE é a nomenclatura que recolle as actividades económicas de empresas e traballadores autónomos e asigna un código a cada unha delas. Estrutúrase en seccións (alfabéticas) e divisións, grupos e clases (numéricas).
O INE (Instituto Nacional de Estatística) é o organismo encargado da súa elaboración e actualización, conforme a clasificación europea (NACE, sigla en inglés de National Classification of Economic Activities).
A súa utilidade, ademais de estatística, é a de establecer un tipo de cotización á Seguridade Social por continxencias profesionais para cada actividade en función do risco laboral.