CARTEL Nº 25. ASÍ ME GUSTAS, BALDOMERO... 1960

Año

 

Estamos ante un dos carteis máis curiosos da exposición. É de 1960 e a estética xa nos amosa cousas diferentes. España xa é un país máis aperturista e vemos unha moza coa estética da época e dicindo un ripio pouco afortunado no estilístico, que utiliza un retrouso arraigado na sociedade da época a través dun dos primeiros anuncios da televisión en España, pero que traslada unha realidade social que levamos vendo dende o comezo: o accidente dun traballador, como mostran todas as imaxes de diferentes tipos de sinistros na parte inferior dereita, repercute en todo o seu ámbito familiar.

CastellanoEuskaraGalego

Selecciona un idioma para escuchar el audio