Médico Interno Residente
Coa sigla MIR faise referencia a un licenciado ou graduado en medicina que se acha en fase de formación remunerada (entre dous e cinco anos) nun hospital ou centro de saúde, con exame de acceso previo, para lograr unha especialidade médica.