Cómo gestionar la baja por COVID-19

Como xestionar a baixa por COVID-19

Esta enfermidade está a ser tan excepcional que dende o propio Goberno se creou unha nova prestación para dar cobertura tanto aos traballadores que sexan infectados pola COVID-19 como para aqueles que deban someterse obrigatoriamente a un período de illamento por posible contacto ou exposición ao virus.

Esta nova prestación regulouse no artigo 5 do RDL 6/2020, do 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.

Singularidades desta prestación:

  • Natureza: enfermidade común.
  • Período de carencia: non é esixible.
  • Asistencia sanitaria: corresponde ao Servizo Público de Saúde.

Xestión administrativa:

  • Corresponde aos médicos do servizo público de saúde a atención sanitaria e a emisión dos partes médicos de baixa, confirmación e alta. Tanto nos supostos de contaxio coma nos supostos de corentena ou illamento.
  • A baixa médica poderá ser expedida sen necesidade da presenza física do enfermo e con efecto retroactivo.
  • Os códigos que hai que utilizar para este procedemento especial son os indicados polo Ministerio de Sanidade:
  1. En CIE-10 ES: B34.2 (para os casos de contaxio/infección) e Z20.828 (para os casos de illamento por contacto ou exposición).
  2. En CIE-9.MC: 079.82 (para os casos de contaxio/infección) e V01.79 (para os casos de illamento por contacto ou exposición).
  • En ningún caso os médicos das Mutuas emitirán ningún parte para este tipo de enfermidades.

Aclaracións administrativas adicionais:

  • Non require ningún trámite por Delta.
  • Non computa na sinistralidade da empresa, aínda que si no absentismo.
  • Contía: a contía da prestación será equivalente a unha prestación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral. Polo tanto, percibirase o 75% da base reguladora diaria dende o día seguinte á baixa médica.
  • Pagamento: a prestación aboarase coma se dunha prestación de incapacidade temporal normal se tratase. Na maioría das ocasións será por pagamento delegado a través da empresa, agás os colectivos e excepcións previstas na norma que se aboen en pagamento directo pola Mutua.
Contenido - como - gestionar - baja - Covid

Como tramitar a baixa por COVID-19

En caso de ser diagnosticado de coronavirus ou estar en contacto ou exposto cunha fonte do virus, os pasos serán os seguintes:

  • Chamar por teléfono o seu centro de saúde para pedir cita co seu médico de atención primaria.
  • En lugar de concertar a cita co médico de atención primaria, solicitaranlle un número de teléfono para que sexa o médico quen contacte con vostede.
  • Deberá estar atento ao teléfono porque en calquera momento pode recibir a chamada do médico de atención primaria.
  • Se o médico chama e non o localiza, é posible que ao día seguinte teña que repetir o paso primeiro.
  • Cando reciba a chamada do seu médico de atención primaria, faralle unha serie de preguntas e, en función das respostas, determinará se precisa de baixa médica por coronavirus, ben por estar infectado ou por estar en illamento por posible contacto ou exposición, e a data que terá a devandita baixa médica. Do mesmo xeito, emitirá ou concertará as confirmacións que correspondan e a próxima data de control (presencial ou telefónico). Os documentos xerados estarán dispoñibles para que sexan recollidos na parte administrativa do centro de saúde.
  • Unha persoa autorizada (nunca o enfermo) deberá acudir ao centro de saúde a recoller os partes.
  • Deberá facer chegar á súa empresa o exemplar destinado a esta de cada un dos partes que lle emitan (ben por fotografía, correo electrónico etc.).
  • A empresa deberá remitir a información dos partes médicos recibidos a través do Sistema RED (ficheiro FDI ou servizo online) informando como continxencia a que conste nos citados partes do Servizo Público de Saúde (SPS) correspondente.
  • Os partes emitidos polo médico de atención primaria enviaranse ese mesmo día ao INSS quen, tras comprobar os diagnósticos, converterá a continxencia a Accidente de Traballo (AT), de cara a que na liquidación de seguros sociais a prestación asociada sexa a dunha Incapacidade Temporal (IT) derivada de accidente de traballo (AT). As empresas deberán confeccionar as súas nóminas coma se o traballador estivese de baixa por IT derivada de AT.

Como pode identificar a empresa estas baixas?

Realmente non é sinxelo, posto que a empresa non ten acceso aos diagnósticos. As únicas formas de sabelo son:

  • Que o traballador facilite a información do diagnóstico voluntariamente.
  • A través dos ficheiros FIE, pois estas baixas aparecerán como código 3 (accidente de traballo), aínda cando a baixa médica en papel que presentara o traballador poña enfermidade común.
  • A través do Informe de Datos para a Cotización (IDC), xa que neste informe aparecerá como primeiro día do tramo para deducir o seguinte á data da baixa e no tipo de peculiaridade: 23 IT.AT. Pagamento delegado.