CARTEL N.º 16. TALLER DE FORXA FILLO DE PEDRO SIERRA 1949
Año
Neste cartel aparecen os canons clásicos da beleza: home atlético, torso nu, ferramentas relacionadas co progreso e o esforzo manual: rodas dentadas, compás, martelo, tenaces, fábricas e chemineas, con sol radiante de fondo. Trátase dunha imaxinaría moi vinculada á arte da época que se estilaba en finais dos 40 e na década dos 50, e que era do gusto dos réximes do momento. O monocromo prateado en relevo que imita o metal repuxado daba maior realismo e atractivo á escena.
Enlaces